Noticias
3 de xuño de 2014
Copa de España Burela 2014
A vixésima edición da Copa de España que se celebra en Burela os próximos días 7 e 8 de xuño contará coa presenza do vixente campión de Liga; Atlético de Madrid, o actual campión da competición; Burela Pescados Rubén, o Alcorcón; terceiro clasificado, e o Universidade de Alacante; cuarto clasificado.
Diseño: Logaidea
Tralo sorteo realizado pola RFEF, os emparellamentos son os seguintes:

Sábado 7 de xuño

Semifinal 1: AD Alcorcón FSF - CD Universidade de Alacante
Hora: 16.30 Pavillón: Vista Alegre de Burela

Semifinal 2: Burela Pescados Rubén - Atlético de Madrid Navalcarnero
Hora: 18.30 Pavillón: Vista Alegre de Burela

Domingo 8 de xuño
Final: Ganador semifinal 1 - Ganador semifinal 2
Hora: 12.00 Pavillón: Vista Alegre de Burela

Entradas Copa de España. Venda no pavillón Vista Alegre de Burela.
Bono para os tres partidos: Infantil (0-16 anos): 3 euros - Adulto ( +16 anos): 10 euros
Entrada para a final: 5 euros

Medalla de ouro do Concello de Burela ao CD Burela FS Pescados Rubén. O acto de entrega da medalla ouro ao club burelés realizarase o sábado día 7 de xuño na Casa da Cultura, ás 12.30 horas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores