Noticias
5 de xuño de 2014
Apúntate, non o dubides!!! Probas de captación de xogadoras para categorías de base
O Club Deportivo Burela Fútbol Sala Pescados Rubén abre o prazo de captación para todas aquelas xogadoras que desexen formar parte das súas categorías de base de cara á tempada 2014-2015. Ata o luns 16 de xuño, todas aquelas interesadas poden poñerse en contacto co club para inscribirse e formar parte da súa estrutura de base feminina. A idea do club é crear un equipo filial e cadete con xogadoras con idades comprendidas entre os 12 e 18 anos (ambos inclusive).
As sesións consistirán en integrar ás xogadoras nos adestramentos coa participación de xogadoras do equipo senior de Primeira División Feminina para coñecer o funcionamento das sesións e a metodoloxía de traballo do club. Así, todas aquelas xogadoras nadas entre os anos 2001 e 1996 poderán probar co CD Burela Pescados Rubén durante as tres próximas semanas.

NOTAS IMPORTANTES

- O periodo de probas para as xogadoras inscritas comezará a seguinte semana de realizar a súa inscripción, para unha mellor planificación.

-En caso de superar as seis xogadoras en probas por ano de nacemento, crearase unha sesión específica con todas elas.

- As xogadoras que faigan as probas, realizarán un máximo de 2 adestramentos por semana.

- As horas dos adestramentos serán fixadas unha vez se peche o prazo de inscrición.

- As interesadas en realizar as probas, poden tramitar a súa incripción en:
- Teléfono: 982 58 18 15
- Enviando un e-mail a burelafs@burelafs.org, onde deberán especificar os datos persoais da xogadora (nome, apelidos, data de nacemento, dirección e teléfono de contacto)
- Oficina do Club situada na Avenida Arcadio Pardiñas, 91, Baixo.

¡APÚNTATE, NON O DUBIDES!
Documentos relacionados:
103 KB
Formulario Pruebas de Captación
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores