Noticias
25 de xuño de 2014
Antonio Bores e Santi Valladares apúntanse ao Campus 2014!!! Non o perdas!!

A oitava edición do Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela Pescados Rubén contará, ademais de xogadores/as e técnicos do club, coa presenza de Santi Valladares, técnico do Santiago Futsal de Primeira División LNFS, e de Antonio Bores, preparador físico da selección española de Fútbol Sala.


O Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS Pescados Rubén celébrase durante os días xoves 10, venres 11, sábado 12 e domingo 13 de xullo. A apertura para inscribirse comezou o luns 16 de xuño e a data límite será o martes 8 de xullo. A actividade que organiza o CD Burela FS Pescados Rubén terá un número limitado de 60 prazas e está destinado a nenos e nenas que desexen aprender os segredos deste deporte, baixo o control de monitores/as e auténticos profesionais do Fútbol Sala.


 


Máis información do Campus 2014 pincha aquí

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores