Noticias
30 de xuño de 2014
Premios MUDEGA e ANEFS con sabor laranxa
O presidente do Burela Pescados Rubén, Manuel Blanco Fanego, desprazouse o sábado 28 ata O Porriño (Pontevedra) á Gala da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGÁ) que premiou ao CD Burela FS Pescados Rubén como mellor equipo feminino do ano 2013, en virtude dos méritos logrados co doblete histórico de Liga e Copa de España da tempada 2012/2013.
Fotografía: ANEFS Fotografía: ANEFS
Premios ANEFS. No concello valenciano de Burriana (Castellón), celebrouse o XVI Congreso da Asociación Nacional de Adestradores de Fútbol Sala, evento que contou coa presenza de máis de 100 técnicos e que finalizou o sábado día 28 coa Gala Oficial na que se entregaron os premios ANEFS da tempada 2013/2014. O Burela Pescados Rubén estivo representado por Quico Otero, galardoado como mellor adestrador de Primeira División Feminina, e Peque premiada como mellor xogadora da tempada.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores