Noticias
7 de xullo de 2014
Jorge Bellvert nova fichaxe do Burela Pescados Rubén
O Burela Pescados Rubén ficha a Jorge Bellvert Mérida, peche extremeño que chega ao conxunto da Mariña procedente do Xaén Paraíso Interior. O xogador cacereño firma por unha tempada coa entidade burelesa que reforza a súa parcela defensiva coa súa incorporación. Jorge Bellvert, 29 anos, conta cunha contrastada experiencia na Primeira División tralo seu paso por Carnicer, Santiago Futsal e Jaén Paraíso Interior.
O xogador extremeño non dubidou en aceptar a oferta laranxa xa que “aínda que tiña outras posibilidades tanto nacionais como do estranxeiro, cando me chegou a opción de fichar polo Burela Pescados Rubén non tiven ningunha dúbida. Estou encantado de regresar a Galicia e moi ilusionado por incorporarme ao Burela Pescados Rubén”. Para Jorge Bellvert o club burelés é un proxecto fiable “cunha estrutura de club e un proxecto deportivo que se está consolidando na máxima categoría, cun técnico como é Juanlu Alonso cuxa presenza foi moi importante na miña decisión e cunha gran afección”.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores