Noticias
1 de agosto de 2014
Presentación oficial de Jorge Bellvert en Frenos Carpe, patrocinador do Burela FS Pescados Rubén
O Burela Pescados Rubén realizou a presentación oficial de Jorge Bellvert, peche extremeño que chega ao conxunto da Mariña procedente do Jaén Paraíso Interior. Jorge Bellvert, 29 anos, firma por unha tempada coa escuadra lucense e posou coa camiseta laranxa na delegación de Burela de Frenos Carpe, empresa especializada en recambios de automoción e patrocinadora do club burelés. Ademais da súa delegación burelesa, Frenos Carpe ten delegación comercial en Lugo, Ribadeo e Abadín.
Jorge Bellvert estivo acompañado na súa presentación polo presidente do club, Manuel Blanco, e o responsable en Burela de Frenos Carpe, Carlos Neira Lestao. O presidente burelés celebrou a incorporación de Bellvert destacando que “é un xogador con experiencia na máxima categoría e cónstanos a súa seriedade e compromiso como profesional. Estou convencido que encaixa perfectamente no noso proxecto”. Jorge Bellvert, como manifestara con anterioridade, indicou que “o Burela Pescados Rubén é un proxecto fiable que ten unha estrutura sólida e un proxecto deportivo que se está consolidando na élite que ademais conta co aval de Juanlu Alonso como técnico e unha gran afección”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores