Noticias
4 de agosto de 2014
O Burela Pescados Rubén arranca motores para a súa terceira tempada en Primeira División
O Burela Pescados Rubén comeza a súa posta a punto o martes día 5 de agosto na que será a súa terceira tempada na Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala, a élite deste deporte. Nesta nova tempada, o Burela FS Pescados Rubén comezará o seu proxecto con: Edu, Alex, Matamoros, Isi, Iago Míguez, Antoñito, Jorge Bellvert, Chano e Carlitos. A eles sumarase a presenza dos canteiráns Renato, Helder, Antón, Erik e Javier Gorroño, xogador de 18 anos procedente da UD Rozas-Boadilla que tamén realizará a pretempada co conxunto galego.
A escuadra dirixida por Juanlu Alonso iniciará os adestramentos coa vista posta na primeira xornada ligueira na que Vista Alegre recibe ao actual campión de Liga, Inter Movistar. A cita inaugural da tempada 2014/2015 celébrase o día 13 de setembro aínda que antes a escuadra mariñana disputará os seguintes encontros amigables:

Partidos de pretempada
Data: 16 de agosto. Localidade: Ferrol
O Parrulo Ferrol vs CD Burela FS Pescados Rubén

Data: 23 de agosto. Memorial Celso Currás
Localidade: Concello de Trabada
CD Burela FS Pescados Rubén vs Azkar Lugo FS

Data: 27 de agosto. Torneo de Fonsagrada. Triangular
Localidade: Fonsagrada.
Participantes: CD Burela FS Pescados Rubén,* O Parrulo Ferrol, Fonsagrada FS.
* Pendiente de confirmar

Data: 30 y 31 agosto. Torneo Santiago Futsal.
Localidade: Santiago de Compostela
Participantes: CD Burela FS Pescados Rubén, Santiago Futsal,
Uruguay Tenerife, Palma Futsal.

Data: 3 de setembro. Presentación CD Burela FS
Localidade: Burela
CD Burela FS Pescados Rubén vs Santiago Futsal

Data: 6 de setembro. Localidade: Cangas del Narcea. (Asturias)
CD Burela Pescados Rubén vs Magna Navarra
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores