Noticias
14 de agosto de 2014
Primeiros partidos de pretempada para o Burela Pescados Rubén
O Burela Pescados Rubén inicia os seus partidos de pretempada con duelos galegos, o conxunto feminino medirase ao Viaxes Amarelle mentres que o masculino xogará contra O Parrulo Ferrol. Con apenas unha semana de adestramentos, as pupilas de Quico Otero afrontan o duelo ante o Viaxes Amarelle o venres 15, ás 11.30 horas, no pabellón Club do Mar San Amaro da Coruña. As burelás afrontan este partido como unha sesión máis da súa posta a punto e co debut na portería de Nerea, xogadora cadete do Viveiro FSF que terá a oportunidade de xogar co Burela Pescados Rubén que agradece especialmente a colaboración da entidade vivariense. O técnico laranxa, Quico Otero, comentou que “é sorprendente pero é o que hai. Patri continúa recuperándose do esguince de xeonllo que arrastra desde o ano pasado e recordemos que Jozi foi intervida fai 12 días por un problema meniscal. Por esta razón mañá imos facer debutar a unha nena de 13 anos”.

O equipo masculino estreará o seu calendario de partidos de pretemporada con O Parrulo Ferrol, conxunto da Segunda División que estrea esta tempada a Diego Ríos no banquiño. O duelo terá lugar o sábado 16, ás 17.30 horas, no pabellón da Malata de Ferrol.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores