Noticias
18 de agosto de 2014
Cara e cruz no primeiro envite de pretempada
Vitoria do Burela Pescados Rubén no amistoso ante o Viaxes Amarelle por 4-7 nun duelo no que se impuxo a calidade das mariñás a un conxunto coruñés que ofreceu a súa versión máis agresiva. O conxunto de Quico Otero mostrouse superior ao cadro herculino e destacou o triplete de Gaby e a boa actuación de Nerea baixo paus. Pola contra, o equipo masculino caeu derrotado (6-0) na súa visita a Ferrol onde o Burela Pescados Rubén aproveitou o amistoso para dar moitos minutos aos xuvenís que están realizando a pretempada. Non se atopou cómodo o equipo mariñao ante un Parrulo que aproveitou perfectamente as súas ocasións para impoñerse no primeiro envite da tempada. Non participaron neste duelo Edu, Isi e Chano.

Viajes Amarelle (4) – Burela Pescados Rubén (7)
Burela Pescados Rubén: Nerea; Gaby, Claudia, Peque, Bea Mateos –cinco inicial- Lara, Kiko, Maite, Paula y Cris.
Goleadoras: Gaby (3), Bea Mateos, Peque (2) y Cris.

O Parrulo Ferrol (6) – Burela Pescados Rubén (0)
O Parrulo Ferrol: Canoli, Isma, Iñigo, Rubi, Martín –cinco inicial- Óscar, Jacobo, Pana, Oly, Bertito, Iago Socrasto, Choto y Aarón.
CD Burela Pescados Rubén: Erik, Iago Míguez, Antoñito, Javi Gorroño, Helder-cinco inicial- Jorge Bellvert, Matamoros, Carlitos, Renato, Antón y Alex.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores