Noticias
26 de agosto de 2014
Chano operado con éxito no Hospital Polusa de Lugo
O xogador do Burela FS Pescados Rubén, Sebastián Vargas “Chano”, foi operado satisfactoriamente da fisura de menisco do xeonllo esquerdo, lesión producida durante a primeira semana de adestramentos da pretemporada. O xogador gaditano someteuse a unha artroscopia, o luns día 25, no Hospital Polusa de Lugo sendo o galeno responsable da mesma José Antonio López. A recuperación de Chano estará supervisada polo traumatólogo José Antonio López, os servizos médicos do club e a Clínica de Fisioterapia L2 de Burela. O prazo estimado para o seu regreso á pista é de seis semanas.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores