Noticias
28 de agosto de 2014
O Burela Pescados Rubén e a peña A Pataca Naranxa firman un convenio de colaboración
O Club Deportivo Burela Fútbol Sala Pescados Rubén e a Peña A Pataca Naranxa asinan un acordo de colaboración para a tempada 2014/2015. O convenio entre ambas entidades inclúe que o club ofrecerá vantaxes e colaborará coa Peña nas iniciativas e/ou proxectos presentados ao club. Os beneficiados deste acordo serán aquelas persoas que sexan socios/as de ambas entidades; do Club Deportivo Burela FS Pescados Rubén e da Peña A Pataca Naranxa. Manuel Blanco, presidente do club burelés, Pedro Fernández Mon e Juan García Ares, vicepresidente e directivo, respectivamente, de A Pataca Naranxa, formalizaron o acordo na sé do club.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores