Noticias
1 de setembro de 2014
O mércores 3 de setembro, doble xornada en Vista Alegre cos duelos ante Viaxes Amarelle e Santiago Futsal
A pretemporada continúa avanzando cos equipos laranxas afinando a súa posta a punto para a competición ligueira de Primeira División que comeza, en ambos casos, o 13 de setembro. Tras un fin de semana de boas sensacións, os equipos senior do CD Burela FS Pescados Rubén disputarán en Vista Alegre os seus encontros de presentación, o mércores día 3 de setembro. Abre a xornada o conxunto feminino, a partir das 18.00 horas, ante o Viaxes Amarelle. A continuación, 20.30 horas, a escuadra masculina enfrontarase ao Santiago Futsal.

Durante o fin de semana, o conxunto dirixido por Juanlu Alonso afrontará un novo reto ante o Magna Navarra. O duelo disputarase en Cangas do Narcea (Asturias), o sábado 6 de setembro a partir das 18.30 horas. Pola súa banda, as pupilas de Quico Otero reciben en Vista Alegre ao Valdetires FSF nun partido correspondente á Copa Galicia. Este choque xógase o domingo día 7 de setembro ás 18.00 horas.

Resultados fin de semana

Primeira División LNFS
Amistosos: II Desafío Star Center. 29 e 30 de agosto
Palma Futsal (4) - CD Burela FS Pescados Rubén (2)
Uruguay Tenerife (1) - CD Burela FS Pescados Rubén (4)

Primeira División RFEF
Competición oficial: Copa Galicia. 30 de agosto
A Fervenza FSF (0) - CD Burela FS Pescados Rubén (8)

Xuvenil División de Honra. 30 de agosto

Amistoso: Esteo FS (2) - CD Burela FS Pescados Rubén (3)
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores