Noticias
2 de setembro de 2014
O CD Burela FS Pescados Rubén retira o dorsal 8 en honra ao eterno capitán
Vista Alegre poderá rendir homenaxe ao eterno capitán do CD Burela FS Pescados Rubén, Juanma, no encontro de presentación que se disputa o mércores día 3 de setembro ante o Santiago Futsal, a partir das 20.30 horas. O estandarte laranxa durante numerosas tempadas, actualmente secretario técnico do club, despedirase na pista da súa afección no derbi ante a escuadra compostelana. A directiva da entidade decidiu retirar a camiseta co dorsal número oito, en recoñecemento ao compromiso do “Mariskal” durante a súa carreira deportiva como laranxa.

O presidente do club, Manuel Blanco, manifestou a súa satisfacción por esta homenaxe:É un honra realizar este recoñecemento a Juanma que durante tantos anos demostrou un comportamento exemplar como deportista e como persoa. Moitos fomos os que o vimos crecer e desenvolver a súa carreira, é un exemplo para todos e, principalmente, para as nosas categorías de base que teñen na súa figura unha clara referencia que con compromiso, actitude e esforzo pódense conseguir os obxectivos marcados. Juanma é patrimonio do club e un activo fundamental, tanto na súa etapa como xogador como agora na súa nova faceta como secretario técnico”.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores