Noticias
3 de setembro de 2014
Toque oriental coa incorporación de Shiori Nakajima
O Burela FS Pescados Rubén refórzase coa incorporación de Shiori Nakajima que chega ao conxunto mariñao procedente do Rioxa FSF. A xogadora xaponesa de 26 anos foi presentada na oficina do club acompañada polo presidente, Manuel Blanco Fanego. Shiori cumprirá a súa cuarta tempada en España trala súa experiencia no Atlético de Madrid e Rioxa FSF. A xogadora nipona declarou sentirse “moi contenta por xogar nun club como o Burela FS Pescados Rubén, é un pracer para un deportista xogar ante unha afección tan entregada e paixonal como é a de Burela”. Respecto de o seu papel no equipo indicou que “chego con moitas gañas de aprender, seguir evolucionando como xogadora e cando se me presentou a opción de vir aquí non o dubidei. É unha gran oportunidade na miña carreira, vou traballar con moita ilusión por axudar ao equipo a conseguir os obxectivos marcados. É unha satisfacción persoal estar nun club que aspira a lograr títulos”.

Pola súa banda o presidente indicou que “con esta incorporación reforzamos aínda máis o equipo feminino que ten uns obxectivos ambiciosos e coa chegada de Shiori teremos mellor cubertas todas as posicións. A súa fichaxe aportaranos unha rotación ampla e de garantías para afrontar os desafíos da tempada”.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores