Noticias
3 de outubro de 2014
O Burela FS buscará os primeiros puntos na visita do sorprendente Peñíscola

O Burela FS Pescados Rubén buscará mañá (18.30 horas) os primeiros puntos de liga, na cuarta xornada de Primeira División, coa visita a Vista Alegre de Peñíscola Bodegas Dunviro, que  vén de dar a sorpresa coa vitoria ante o todopoderoso FC Barcelona (3-2).



Os mariñáns agardan os castellonenses coa intención de que os tres puntos non saian da Mariña. “Ata o momento tivemos partidos moi complicados e non dispuxemos das mellores condicións; o calendario, as sancións e as lesións non deron moitas facilidades ata agora”.


A escuadra de Juanlu recibe o Peñíscola sen ausencias, co regreso do olfacto goleador de Matamoros, tras cumprir un partido de sanción. “Fóra dalgunhas molestias é a primeira vez que podemos dispoñer con todo o vestiario e esa é a mellor das noticias para volver xogar na casa” aseguraba o técnico laranxa que tamén puntualizaba sobre a saúde de Chano indicando que “ten a alta médica aínda que está recuperando a condición física adecuada”.



O rival da bomboneira chegou esta mañá a Burela con 6 puntos na cuadrícula; xunto ao último triunfo ante os cataláns, tamén se impuxeron na primera xornada ao Montesinos (2-1) e caeron nunha cita de goles fronte ao Inter Movistar a domicilio (6-4), na segunda.


“Será un partido moi complicado ante un rival de primeiro nivel que está facendo moi bo inicio de liga, cun cadro con potencial e confianza que destaca máis polo bloque que polos nomes; dispón de xogadores novos que co paso das tempadas darán moito que falar”.



O Peñíscola realizará o último adestramento da semana esta tarde en Vista Alegre (18.30 horas).



Convocatorias
Burela FS Pescados Rubén:
1. Edu, 3. Jorge Bellvert, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 14. Miguel, 27. Carlitos, 23. Antoñito,  30. Hélder.  29. Ángel
Peñíscola Bodegas Dunviro: 1. Chema, 4. Yeray, 5. Ureña, 7. Carlos Anós, 8. Charly Maza, 9. Juanqui, 10. Fran Conde, 11. Solano, 12. Míchel, 14. Asensio, 15. Iván, 16. Javi Alonso, 18. Gonzalo, 19, Pau, 25. Boris (pendente de confirmación)
Árbitros: Gallo Suárez y Velasco Martínez
 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores