Noticias
4 de outubro de 2014
O Burela Pescados Rubén recupera sensacións trala vitoria en Móstoles por 2-4
Vitoria a domicilio do Burela Pescados Rubén ante o Móstoles que cedeu os tres puntos ao caer por 2-4 nun choque de clara cor visitante. A escuadra mariñana saíu a polo mando do partido desde o silbido inicial e Maite rendibilizou este dominio marcando aos dous minutos (0-1) de xogo. O Móstoles pasou apuros ante a fluidez ofensiva do Burela Pescados Rubén que únicamente fallou na definición. Co paso dos minutos as mostoleñas entonaronase defensivamente ante un Burela que xeraba menor perigo aínda que tampouco sufría ante un Móstoles inofensivo en ataque. Cando menos o esperaban as locais atopáronse co empate (1-1) nunha concesión do conxunto mariñao que puido resarcirse en dúas accións a balón parado pero Tainã non atopou o gol e Shiori estrelou o balón na madeira. Na segunda parte o Burela Pescados Rubén continuou coas ideas claras e manexando o partido pero sería o Móstoles o que marcaría nunha xogada ao pivot que María Otero aproveitou para marcar o 2-1. As galegas poñían o xogo e as madrileñas mandaban no electrónico pero a reacción laranxa non tardou en chegar e Gaby, nunha gran acción individual, igualou o choque (2-2). A remontada visitante levou a firma de Claudia que tirou de oportunismo para situar o 2-3 e a sentenza definitiva chegou das botas de Jozi, xa coas locais con xogo de cinco, que marcou o definitivo 2-4 desde a súa propia portería. Ficha técnica Móstoles: Ana Etayo, Inma, Patri Chamorro, María Otero, Trufa -cinco inicial- Didi, Balle, Anabel. Burela Pescados Rubén: Jozi; Peque, Maite, Lara, Gaby –cinco inicial- Claudia, Shiori, Bea Mateos, Tainã. Goles: 0-1, min. 2 Maite; 1-1, min. 15 María Otero; 2-1, min. 22 Inma; 2-2, min. 25 Gaby; 2-3, min. 31 Claudia; 2-4, min. 39 Jozi. Árbitros: Panadero Díaz e Mayo López. Colexio madrileño. Amosaron cartón amarelo a Trufa e Balle no Móstoles e a Peque, Shiori e Maite no Burela Pescados Rubén. Incidencias: Partido correspondente á cuarta xornada da Primeira División RFEF. Disputado no pavillón Villafontana de Móstoles. 100 espectadores.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores