Noticias
15 de outubro de 2014
A entidade laranxa, berce formativo do IES Monte Castelo

O CD Burela FS Pescados Rubén cumpre cinco anos como berce de prácticas formativas para o alumnado do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do IES Monte Castelo de Burela. O presidente da entidade laranxa, Manuel Blanco, e o estudante David Niñe Otero, que forma parte da estrutura burelista xa dende o 25 de setembro, recibiron na sede do club ao xefe de Departamento de Educación Física do centro, Roberto Ramallal, co fin de amosarlle a dinámica de traballo e a implicación do alumno.



Ata o 1 de decembro, David realizará labores de xestión, coa organización de torneos de base, e participando no día a día dos adestramentos da escola nas diferentes categorías, completando un total de 380 horas de prácticas.


Máis dunha década vincula o Burela FS e o IES Monte Castelo na posta en valor e difusión da práctica deportiva. Ademais de figurar como centro de traballo para o desenvolvemento formativo do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas, o convenio de colaboración entre ambas as entidades contempla a organización de charlas educativas e conferencias relacionadas coa saúde e a práctica deportiva, como axudas prestadas polo club mariñán ao centro de ensino. Pola súa banda, o instituto burelao, apoia a entidade laranxa a través de recursos humanos e materiais, cedendo as súas instalacións para diferentes proxectos.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores