Noticias
18 de outubro de 2014
O Burela FS imponse na pista bilbaína con goles de Peque, Taina e Paula

O Burela FS Pescados Rubén cumpriu obxectivo e regresará esta noite cos tres puntos de La Casilla tras impoñerse ao novel Tecuni Bilbo FS por 1-3 con goles de Peque, Taina e Paula nun encontro de dominio galego ante a expectativa local.


Peque xa inaugurou o marcador no minuto 5 en colaboración con Gaby tras roubo de balón. Ampliou distancias Taina no minuto 16 asistida por Peque.


Con 2-0 reiniciouse a cita na segunda parte, sen modificacións no guión inicial, con xogo e ocasións burelistas. No entanto, o 0-3 fíxose esperar; a nova Paula anotou o terceiro laranxa no minuto 35, de novo con axuda de Peque. As locais, sen xerar apenas perigo nas escasas saídas de balón das que dispuxeron, maquillaron o resultado final co 1-3 no minuto 37, de Esti, desde saque de esquina.


Ficha técnica


Bilbo FS: Sandra, Andrea, Diana, Eva e Esti (quinteto inicial). Tamén xogaron Ixone, Elena, Isa, Vicky e Daniela.


Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Gaby, Bea Mateos, Shiori (quinteto inicial). Tamén xogaron Claudia, Tainã, Kiko, Lara, Cris, Paula


Goles: 0-1, minuto 5, Peque; 0-2, minuto 16, Taina; 0-3, minuto 35, Paula, 1-3, minuto 37, Esti


Tarxetas: Por Bilbo amarela a Eva (minuto 35) e Dani (minuto 38)

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores