Noticias
31 de outubro de 2014
Juanlu: 'Non temos nada perder e si moito que gañar'
Foto: A Caixa Escura Producións
O santuario laranxa espera con entusiasmo a visita de ElPozo Murcia (sábado 1, 18.30 horas) na oitava xornada de Primeira División LNFS. A escuadra de Juanlu recibirá o titánico rival logo da sublime vitoria na pista do DLink Zaragoza (3-6). ‘Non temos nada que perder e moito que gañar. Sabemos que é un rival moi difícil, pero mantemos a esperanza de dar a sorpresa, sobre todo na casa’ aseguraba o técnico do CD Burela FS Pescados Rubén.

O conxunto de Duda chega a Vista Alegre en cuarta praza (15 puntos) con catro vitorias e tres empates; tan só Jaén (0-0), na segunda xornada, e Inter (2-2) e Barcelona (3-3), nas dúas últimas, foron capaces de arrebatarlle puntos.

No vestuario laranxa volverá faltar Miguel, que segue con molestias por unha contusión ósea na perna dereita. Nas filas murcianas, serán baixas Miguelín e Rafa, por molestias, e Franklin, pola súa inminente paternidade; entrarán Jorge Santos e o gardameta Chemi.

Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 3. Jorge Bellvert, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 29. Anxo, 30 Hélder

Convocatoria ElPozo Murcia: 3-José Ruiz, 7-Juampi, 8-Eka, 9-Bebe, 10-Álex, 12-Fabio (p), 14-Adri, 16-Jorge Santos, 17-Raúl Campos, 21-Gréllo, 22-Chemi (p) e 33-Lima.

Día do Club
Mañá será o segundo Día do Club 2014-15. Para aqueles/as afeccionados/as que aínda non teñan a súa entrada, a taquilla de Vista Alegre estará aberta desde as 17.30 horas.
PREZOS PARA SOCIOS
Abono Individual: 5 euros

Abono Familiar: 5 euros/entrada

Abono Estudante: 5 euros

Abono Xuvenil: 5 euros

Abono Xubilado: 5 euros

Abono Infantil: 1 euro


PREZOS PARA NON SOCIOS

Maiores de 14 anos: 20 euros

De 0 a 13 anos: 3 euros




Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores