Noticias
1 de novembro de 2014
O Burela FS durmirá no podio tras imponerse ao Roldán (1-4)
O Burela FS Pescados Rubén durmirá esta noite ocupando a terceira praza do podio á espera do desenlace de mañá entre o Alcorcón e o Atlético de Madrid Navalcarnero. Coa de Roldán (1-4) o conxunto laranxa suma a súa quinta vitoria consecutiva. “Soubemos ler as situacións do partido, marcando sempre o compás no marcador, nunha cancha complicada ante un rival agresivo que imprimiu moita intensidade, sobre todo na segunda parte” analizaba Quico Otero.

Aos dous minutos de xogo, Shiori adiantaba As lucenses anotando ao segundo pau asistida por Peque. Pouco despois o equipo local, por mediación de Marta Peñalver nun disparo afastado desde cancha propia, conseguía equilibrar a contenda. O dominio visitante materializábase a dous minutos para o descanso, en contraataque de Bea Mateos.

Na segunda parte, o Roldán saltou a pista máis enchufado, con máis intensidade, pero o Burela FS soubo manterse, asentarse e volver tomar o control, aínda que a visión goleadora se resistiu ata a recta final. No minuto 35, a ofensiva burelista, entre Maite e Peque, anotou o 1-3, rebotando en última instancia en Anita Paris; o xogo de cinco tampouco lle forneceu efecto ás murcianas. No 38 Taina subiu o definitivo 1-4.

Ficha técnica

FSF Roldán: Andrea, Marta Peñalver, Mayte Mateo, Miriam, Juani (quinteto inicial); tamén xogaron Claudia, Anita Paris, Alba e Inma Sojo.

Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Maite, Bea Mateos, Shiori (quinteto inicial). Tamén xogaron Claudia, Tainã, Lara

Goles: 0-1, minuto 2, Shiori; 1-1, minuto 7, Marta Peñalver; 1-2, minuto 18, Bea Mateos; 1-3, minuto 35, Anita Paris (p.p.); 1-4, minuto 38, Taina

Tarxetas: Por Roldán amarela a Inma Sojo (25). Por Burela FS amarela a Bea Mateos (25), Maite (32) e Tainã (37)

Árbitros: Castillo López // Navarro Liza


Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores