Noticias
7 de novembro de 2014
O Burela FS recibe o Alcorcón nun duelo de altos voos
Foto: Ana López Ramos
O Burela FS Pescados Rubén recibirá mañá en Vista Alegre o AD Alcorcón en duelo de altos voos. A novena xornada de Primeira División RFEF entre a terceira praza mariñá (18 puntos) e a cuarta madrileña (16) dará o pistoletazo de saída ás 18.30 horas.

“É un partido de gran responsabilidade” adiantaba Quico Otero, incidindo na transcendencia destes tres puntos en xogo: “O Alcorcón chegará doído pola derrota con Navalcarnero (3-4); quererá sacar os tres puntos para non descolgarse demasiado da cabeza. Para nós tamén é un encontro importantísimo. Os dous chegamos nunha situación parecida”.

“Alcorcón é un equipo da nosa liga; esperamos a un rival que xogue de ti a ti, como xa experimentamos o sábado, con Roldán. Debemos responder conxugando intensidade e seguridade, estar ao cento por cento para non deixar escapar os tres puntos de Vista Alegre ante un cadro longo con moitas alternativas en ataque” adiantaba o adestrador mariñán.

No vestuario laranxa, Quico Otero contará coas baixas case seguras de Kiko, por enfermidade -que xa non viaxou a semana pasada-, e Gaby, que non puido adestrar en toda a semana por unha posible lesión no psoas. A internacional Peque incorporarase ao grupo esta tarde na última sesión da semana, logo de disputar con España dous amigables en Hungría fronte á selección anfitrioa. A meta Patri, que aos poucos está entrando na dinámica do equipo, aínda presenta algunhas molestias.


Burela Pescados Rubén: 1. Jozi 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 13. Patri, 14. Bea Mateos, 17. Maite, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores