Noticias
8 de novembro de 2014
O Burela FS afástase do descenso tras impoñerse en Santa Coloma (4-5)
Foto: Prensa Marfil Santa Coloma
O Burela FS Pescados Rubén sumou esta tarde a súa terceira vitoria consecutiva da tempada na complicadísima pista do Marfil Santa Coloma (4-5); tras un primeiro período algo tatexantes en defensa, os laranxas cobraron confianza tras o descanso para empatar e marcar distancias. Con estes tres puntos os pupilos de Juanlu afástanse dos postos perigosos de descenso; son oitavos con 13 puntos, empatados con Magna Navarra, sétimo.

Os laranxas conseguiron repoñerse do gol temperán de Dani Salgado, no minuto 2, no 12, con Matamoros en contraataque. A resposta do Marfil chegou no 16, nun control de Rafa López, de costas á portería de Álex.

Con 2-1, os burelistas saltaron á pista con máis seguridade tras o descanso. Isi devolveu a igualada para os da Mariña no minuto 23, cun lanzamento afastado sorprendendo o meta local, e no 28 Antoñito aproveitou unha perda dos locais para subir o 2-3. Superada a medianía da segunda parte (minuto 31), Jorge puxo a súa firma para o 2-4, ante o que reaccionou o Marfil con Sepe como porteiro xogador. Recortou distancias nos pés de Rafa López (minuto 35) o Marfil, aínda que Iago Míguez volveu poñer terra por medio co 3-5 no 39. Na recta final o xogo de cinco concedeulle o definitivo 4-5 ao equipo local, de Adolfo.


Ficha técnica

Marfil Santa Coloma: Álex, Rubén, Adolfo, Dani Salgado, Sepe, cinco inicial; tamén xogaron A.Segura, Eric Martell, LLuc, Rafael López, Charlie

Burela FS Pescados Rubén: Álex, Isi, Matamoros, Carlitos, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Jorge, Iago Míguez, Chano, Hélder

Goles: 1-0, minuto 2, Dani Salgado; 1-1, minuto 12, Matamoros; 2-1, minuto 16, Rafael López; 2-2,minuto 23, Isi; 2-3,minuto 28, Antoñito; 2-4, minuto 31, Jorge Bellvert; 3-4, minuto 35, Rafael López; 3-5, minuto 39, Iago Míguez; 4-5, minuto 40, Adolfo

Tarxetas: Por Marfil amarela a Adolfo, Sepe, Lluc, Rafael López. Por Burela FS amarela a Matamoros, Antoñito, Hélder

Árbitros: Alonso Montesinos // Santander Flamarique
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores