Noticias
12 de novembro de 2014
Jorge Bellvert, dúbida para o Burela FS-Prone por unha rotura fibrilar

O peche laranxa Jorge Bellvert será seria dúbida para o derbi deste sábado, Burela FS Pescados Rubén-Prone Lugo (Vista Alegre, 17.00 horas, TVG2) por unha rotura fibrilar. O xogador cacereño viuse obrigado a saír da pista na recta final da vitoria do equipo mariñán fronte a Marfil Santa Coloma (4-5) ao sentir un forte pinchazo na parte posterior da coxa dereita.


Tras repouso de 72 horas, o corpo médico burelista confirmou onte pola tarde nunha nova exploración con proba ecográfica o diagnóstico de rotura fibrilar no límite entre grao 1 e 2 en ventre de bíceps femoral. Jorge Bellvert, afastado dos adestramentos do grupo, comezará hoxe un programa individual de rehabilitación supervisado polo fisioterapeuta do club, Daniel Tomé Lage, con escasa probabilidade de recuperarse para o sábado.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores