Noticias
14 de novembro de 2014
O Burela FS recibe en derbi comarcal o Superti (sábado 15, 19.30 horas)

O Burela FS Pescados Rubén B recibirá mañá en derbi comarcal o Superti A Pontenova en Terceira División. Vista Alegre acollerá a oitava xornada ás 19.30 horas nunha tarde apaixonante, despois do duelo de Primeira División entre Burela FS e Prone Lugo (17.00 horas, TVG2).


Mediranse as forzas da décima praza visitante (6 puntos) e a duodécima local (5 puntos).


Troula FS 3-2 Burela FS


O cadro de Iván Cao caeu pola mínima no seu último compromiso a domicilio, na pista do betanceiro Troula FS (3-2). O quinteto inicial dos laranxas estivo composto por Erik, Aitor, Pancho, Alemán e Rubén; tamén xogaron Rafa, Borja, Riveiro e Javi Fajardo; Aitor e Pancho asinaron os goles burelistas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores