Noticias
14 de novembro de 2014
O Burela Fs viaxa a Gironella sen Gaby e Kiko
Foto: Ana López Ramos

O Burela FS Pescados Rubén medirase mañá, na décima xornada de Primeira División RFEF, ao Gironella, penúltimo clasificado (municipal, 17.30 horas). O cadro laranxa puxo rumbo esta mañá, ás 8.00 horas, nun dos seus desprazamentos máis esgotadores coas ausencias de Gaby, por lesión, e Kiko, por enfermidade, que xa non entraron na convocatoria da semana pasada coa vitoria fronte ao Alcorcón (3-2).


Dende a terceira Praza (21 puntos), o equipo mariñán saltará á pista dun rival que posúe 4 puntos, froito do empate en Majadahonda (2-2, 5ª xornada) e da vitoria como anfitrión ante o Orvina (2-0, 8ª xornada). O Burela FS pelexará polo seu sétimo triunfo consecutivo, mantendo intensidade e orde, ante un equipo con ganas de saír da zona de perigo, guerrilleiro e con xogadoras que saben marcar moi ben os tempos dos partidos.


Na zona alta da táboa, o compromiso das burelistas será o máis desequilibrado a priori. Esta semana o cuarto clasificado, Ourense (19 puntos), recibirá o líder, Atlético de Madrid Navalcarnero (27 puntos),  e Cidade das Burgas (24 puntos) defenderá a segunda praza na casa fronte ao Alcorcón (16 puntos), quinto clasificado.


Burela Pescados Rubén: 1. Jozi 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque,  10. Lara, 13. Patri, 14. Bea Mateos, 17. Maite, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã


XXIV Copa Galicia


O Burela FS Pescados Rubén verase as caras na segunda eliminatoria da Copa Galicia co Cidade das Burgas, que se deberá disputar entre o 23 de novembro e 19 de decembro, a partido único, coincidindo coa parada da liga de Primeira División RFEF polo Campionato Mundial de Fútbol Sala Feminino.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores