Noticias
14 de novembro de 2014
Festa do fútbol sala lugués (sábado 15, 17.00 horas, TVG2)

Vista Alegre prepárase para acoller mañá a festa do fútbol sala lugués na elite por excelencia coa décima xornada de Primeira División LNFS. O Burela FS Pescados Rubén recibirá o Prone Lugo AD ás 17.00 horas, ante os obxectivos de TVG2.


A bomboneira mariñá vivirá un derbi de contrastes. O Burela FS pelexará por manter a boa dinámica e sumar a súa cuarta vitoria consecutiva fronte ao conxunto da capital, que pecha a táboa, sen puntos.


“En días coma o de mañá é cando máis precisamos do grande ambiente e gran apoio da afección de Vista Alegre. É un encontro especial, de gran responsabilidade; xogámonos tres puntos moi importantes na casa e con baixas importantes” adiantaba Juanlu advertindo da perigosidade dos derbis e do Prone: “Medímonos a un rival mellor do que indica a clasificación que chegará a Burela moi motivado pola rivalidade que sempre se respira nos derbis e con ganas de puntuar”.


No vestiario laranxa, Juanlu non poderá contar nin con Jorge Bellvert, por unha rotura fibrilar no bíceps femoral, nin con Ángel, por unha contractura; tampouco estará dispoñible Miguel, que evoluciona favorablemente da contusión ósea que o mantén afastado das pistas dende hai algunhas xornadas, con posibilidade de entrar nos adestramentos grupais a partir da próxima semana. Xunto a Renato e Hélder, tamén entrarán na convocatoria o meta Erik e o ala Pancho.


Convocatoria  Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 19. Erik, 23. Antoñito, 27. Renato, 28. Pancho, 30 Hélder


Convocatoria Prone Lugo AD: 1-Óscar Iglesias, 2- Mimi, 5- Diego Núñez,7-Iago Rodríguez,8-N.Pedraza,9-Antonio Diz,10- Alex Diz,11-Javi Río, 13-Illi, 14-Rubén Mouriz,17- Manuel Marìa y 20-Adrián


 


XXIV Copa Galicia


O Burela FS Pescados Rubén entra en cuartos de final da Copa Galicia para medirse ao vigués Mosteiro Bembrive FS, de Segunda B, co que xa coincidiu na Copa do Rei. O pase á seguinte rolda decidirase a partido único, con data pendente de confirmación.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores