Noticias
21 de novembro de 2014
Complicado desprazamento á pista do A Estrada
O Burela FS Pescados Rubén B ten esta fin de semana un complicado desprazamento á Estrada para enfrontarse ao segundo clasificado de Terceira División, empatado a puntos co líder, Pizzería A Fuga Xove FS (18 puntos). O encontro da novena xornada dará comezo no pavillón Manuel Coto Ferreiro ás 19.00 horas. Burela FS B – Superti A Pontenova (3-4) O conxunto laranxa non puido puntuar no duelo mariñán ante o Superti A Pontenova o sábado pasado (3-4). Polos laranxas saíron no quinteto inicial Erik, Aitor, Pancho, Renato e Riveiro; tamén xogaron Rubén, Rafa, Alejandro, Borja e Javi Fajardo.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores