Noticias
28 de novembro de 2014
Paso adiante para o futuro laranxa

O Burela FS Pescados Rubén espera mañá, na 12ª xornada de Primeira División, o Jaén Paraíso Interior (Vista Alegre, 18.30 horas) coa ausencia xa coñecida de Jorge Bellvert por lesión, á que se suma Isi, logo de confirmar unha rotura de fibras tras o esvarón sufrido na pista do Uruguay Tenerife o venres pasado. No cadro de Juanlu deberán dar un paso adiante as promesas laranxas; Hélder, Ángel e Renato deberán axilizar a súa adaptación para facer fronte ao cuarto clasificado (21 puntos).


A falta de catro partidos para finalizar a primeira volta, o Burela FS ocupa a sétima praza (19 puntos) coa persecución da sexta vitoria consecutiva no seu horizonte máis inmediato. O conxunto dos exlaraxjas Dani Rodríguez e Dani Martín plantarase na bomboneira con ganas de triunfo, logo de encadear as derrotas ante os grandes Inter Movistar (5-3) e FC Barcelona (1-3).


“Foi unha semana boa, tranquila; a única nota negativa foi a lesión de Isi, que xa coñeciamos en Tenerife. Será unha cita para que os máis novos sumen e sigan evolucionando co grupo” explicaba Juanlu a situación do vestiario, adiantando ademais a máxima virtude do rival: “A gran diferenza entre o Jaén e nós é a profundidade de banco. O rival ten un cadro moi amplo; non contará con Fabián, por lesión, e con Borja, que vén dunha recuperación, pero dispón de numerosas rotacións” explicaba Juanlu.


O equipo xienense chegará esta tarde á Mariña; realizará a última sesión da semana en Vista Alegre, ás 20.00 horas.


Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 14. Miguel, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 27. Renato, 29. Ángel, 30 Hélder



Convocatoria Jaén Paraíso Interior: 1. Gonzalo, 7. Emilio Buendía, 8 Jordi Campoy, 9. Víctor Montes, 10. Carlinhos, 11. Dani Martín, 13. Prieto, 14. Eloy Rojas, 18. Juanlu, 20. Chino, 21. Cuco, 22. José López

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores