Noticias
28 de novembro de 2014
BURELA FS-RIBEIRA FS (SÁBADO 29, 16.00 HORAS, VISTA ALEGRE)
As promesas laranxas disputan un importante duelo ante o Ribeira FS que chega a Vista Alegre con dous puntos de renda sobre o Burela Pescados Rubén B. O partido, correspondente á xornada 10 da Terceira División, dispútase o sábado día 29 a partir das 16.00 horas no pabellón Vista Alegre de Burela. O mozo conxunto burelés (13º con 6 puntos) dispón dunha boa ocasión para sumar os tres puntos en xogo ante un rival directo. O Ribeira (12º con 8 puntos) estase mostrando como un conxunto moi irregular pero capaz de sorprender en calquera pista como fixo na súa visita a Xove onde logrou unha meritoria vitoria. Resultado J9. A Estrada 3-3 Burela FS B Ficha técnica A Estrada FS: David (1), Rafael (1), Marcos, César, Ricardo - cinco inicial- Sergio, Pablo, Fabián (1), Martín Burela FS B: Erik, Aitor, Pancho (1), Renato (1), Ángel -cinco inicial- Alemán (1), Rubén, Rafa, Javi Fajardo Árbitros: De la Iglesia Castelao // Varela Senaris (Santiago) Tarxetas: En A Estrada amarela a Sergio, David, Rafael e Marcos. Por Burela FS amarelas a Rubén e Renato.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores