Noticias
3 de decembro de 2014
Segunda vitoria do Burela FS B en Terceira División

O Burela FS Pescados Rubén B rubricou o sábado a súa segunda vitoria ligueira en Terceira División despois de impoñerse por 5-1 ao Ribeira FS nun partido moi complicado. Aos dobretes de Alemán e Rubén, sumouse a diana de Rubén en Vista Alegre.


O cadro de Lucas chega ao descanso de decembro con 9 puntos na súa cuadrícula (12º clasificado). A vindeira fin de semana desprazarase á pista do quinto clasificado, Pazos de Borbén (17 puntos), na undécima xornada.



Ficha técnica


Burela FS B: Erik, Aitor, Pancho, Alemán (2), Borja, cinco inicial; tamén xogaron Rubén (2), Rafa, Alejandro, Daniel, Riveiro, Javi Fajardo, Jorge (1)


Ribeira FS: David, Enrique, Javier Fernández, Ángel, Marcos, cinco inicial; tamén xogaron Diego (1), Francisco, Víctor, Javier Pérez, Jorge


Árbitros: Pena Pereira // Fernández Pita (Ferrol)


Tarxetas: Amarela a Ángel e Víctor en Ribeira FS

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores