Noticias
4 de decembro de 2014
Presentación co curso de Nivel 3 en Burela
Foto: Héctor Manasé

O presidente da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera Bastida, visitou Burela o luns para abrir o curso de Nivel 3 da Federación Galega de Fútbol. A aula de Usos Múltiples do IES Monte Castelo acolleu o acto, no que tamén participaron José Luís Sáez, representando a xunta xestora da FGF, o director do centro, Marcelino Luna Almarza, e o coordinador dos cursos federativos en Burela, Alfonso Mera Río.


O Nivel 3 de formación de adestradores estréase na Mariña co curso académico 2014-15. Os 11 alumnos desta primeira edición, procedentes das provincias de Lugo e A Coruña, deberán completar un total de 400 horas; o bloque común, de 100 horas, prolongarase ata comezos de febreiro, coas materias de Fisioloxía de Alto Rendemento Deportivo, a cargo do médico Javier Fernández Couce; Biomecánica do ARD, impartida polo fisioterapeuta Daniel Tomé Lage; Psicoloxía e Socioloxía do ARD, a cargo do psicólogo Marcelino Luna; e Adestramento do ARD, co profesor de Educación Física, Roberto Ramallal.


Nivel 1


Dende o pasado 20 de outubro, o centro de ensino burelao acolle tamén o curso de Nivel 1, cun total de 20 alumnos, 12 matriculados no Nivel 1 de Fútbol e 8 no Nivel 1 de Fútbol Sala.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores