Noticias
6 de decembro de 2014
O derbi galego quedou en Compostela
O derbi galego decantouse a favor do Santiago Futsal (3-2) nun partido no que o Burela Pescados Rubén mostrouse errático na definición. O duelo galaico, televisado en directo por Teledeporte, ofreceu un partido vibrante, de alta intensidade, con rápidas transicións e sen apenas tregua para o descanso. A gran actuación de ambos porteiros, Iker e Álex, evitou que o espectáculo rexistrase máis goles.
LNFS

Dende o asubío inicial ambos contendentes amosaron a súa intención de ir a pola vitoria sen especulacións. Tras varios intercambios de avisos, chegou a primeira gran ocasión de Matamoros que rápidamente tivo resposta nunha contra local pero Álex gañou o duelo. Acto seguido Iago Míguez gozou dunha gran ocasión a porta baleira e, tras unha mínima tregua, chegou o 1-0 logrado por Quintela que definiu con clase para adiantar ao seu equipo. Sen tempo para a reacción chegou o 2-0 nunha rápida transición. Con este marcador, os compostelanos reforzaron a súa moral e erraron un doblepenalti pero o Burela Pescados Rubén reaccionou nos minutos finais asediando ao Santiago que tiña a Iker como protagonista evitando o gol burelés e tamén cometendo penalti sobre Chano no último minuto. Matamoros non perdoou a pena máxima e ao descanso chegouse co 2-1. Na continuación a película mantivo o ritmo, por momentos frenético, con contragolpes contínuos e do mesmo xeito que no primeiro periodo o Santiago aproveitou mellor a súa oportunidade. Tras acariñar o empate por mediación de Antoñito, o Burela Pescados Rubén sufriu outro golpe co 3-1, tras un cornér que Tallón culminou no corazón do área. O Burela acusou o golpe durante uns momentos e no tramo final, minuto 35, apostou polo xogo de cinco que puxo en xaque o triunfo local. Chano conseguiu o 3-2 e a escasos segundos Antoñito tivo o empate pero o seu disparo non atopou a rede compostelana.


Ficha técnica


Santiago Futsal: Iker, Gallego, Hugo Sánchez, Chus, Quintela –cinco inicial- Marcos Vara, Borja, Iván Rumbo, Pablo Tallón, Kike, Chino, Santi.


Burela Pescados Rubén: Alex, Carlitos, Matamoros, Helder –cinco inicial- Iago Míguez, Ángel, Chano, Renato.


Goles: 1-0, m.12, Quintela; 2-0, m.13, Pablo Tallón; 2-1, m.20, Matamoros (pen.); 3-1, m.28, Iván Rumbo; 3-2, m.39, Chano.


Árbitros: Sanzol Goñi, Urdanoz Apetezguia. Mostraron cartolina amarela a Iker, Hugo Sánchez e Borja no Santiago. En Burela a Helder.


Incidencias: Partido correspondente á xornada 13 de Primeira División LNFS, televisado en director por Teledeporte. Pavillón de Santa Isabel. 1.000 espectadores con presencia de afeccionados laranxas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores