Noticias
12 de decembro de 2014
As promesas laranxas visitan a pista do Pazos de Borbén
O Burela Pescados Rubén de Terceira División desprázase á sempre complicada pista do Pazos de Borbén para disputar a undécima xornada do campionato ligueiro, sábado día 13 a partir das 19.00 horas.

O conxunto burelés, dirixido por Iván Cao, intentará dar a sorpresa no feudo pontevedrés e dar continuidade á vitoria lograda na anterior xornada (5-1) ante o Ribeira FS. A novel escuadra mariñá mantén unha liña ascendente nunha competición esixente que lles permite optimizar a súa formación e neste duelo ante o Pazos de Borbén terán unha vez máis un desafío apaixonante para conquistar os tres puntos en xogo.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores