Noticias
19 de decembro de 2014
A liga de Primeira volve para o Burela FS en Majadahonda

Despois dun mes, o Burela FS Pescados Rubén retoma a competición de Primeira División RFEF tras a exitosa representación laranxa no V Torneo Mundial de Costa Rica. Mañá despedirá o ano na pista do Majadahonda FSF AFAR 4 (19.00 horas, A Granadilla).


“Durantes estas semanas tratamos de manter a preparación e o nivel de traballo e esixencia para volver á competición o mellor posible; tan só puidemos dispoñer de seis xogadoras, polos compromisos de xogadoras coas súas seleccións e problemas físicos entre outras cousas, pero traballamos coa mesma intensidade, un bo síntoma de que o equipo quere seguir na mesma liña” explicaba o adestrador laranxa, Quico Otero.


Desde a terceira praza (27 puntos), o Burela FS quere recibir o novo ano con tres novos puntos na casa do duodécimo clasificado (8 puntos) para non desaproveitar opcións no podio. “Son tres puntos moi importantes para seguir á espreita do Atlético (31 puntos) e pelexando de ti a ti co Cidade das Burgas (27 puntos” matizaba o técnico mariñán.


“Debemos xogar con fluidez” adiantaba Quico Otero, inciciendo nas virtudes do rival, un equipo de envergadura e choque: “O seu maior perigo é o sistema defensivo; é unha incógnita. Ás veces presiona en toda a cancha e outras sitúase nos 15 metros.En ataque é moi directo, busca moito o pivote” analizaba o burelista



Quico recibiu as internacionais, con cansazo acumulado e desaxustes de horarios, para os últimos adestramentos. Peque, que conseguiu o Bronce con España, e Shiori, sexta con Xapón, chegaron a Burela o mércores; Jozi, pentacampioa do Mundo con Brasil, tan só puido realizar unha sesión co grupo. Tainã e Gaby incorporaranse esta tarde á expedición mariñá, que partiu ás 14.00 horas de Burela, tras a súa viaxe a Brasil por motivos burocráticos. A única ausencia no vestiario laranxa será Bea Mateos, que se recupera dunha lesión de xeonllo.


Convocatoria Burela Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Kiko, 13. Patri, 17. Maite, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores