Noticias
20 de decembro de 2014
O Burela pecha o 2014 con un empate (4-4) na pista do Majadahonda
O Burela Pescados Rubén desaproveitou unha boa ocasión para recortar distancias co Futsi, líder da Primeira División, xa que as colchoneiras empataron (2-2) na pista do Poio Pescamar e as mariñás tamén cederon un empate na pista do Majadahonda (4-4).
O encontro entre galegas e madrileñas non resultou demasiado vistoso xa que ambos conxuntos pecaron de numerosas imprecisións. O Majadahonda logrou que se xogase un partido de choque ante un Burela Pescados Rubén que non atopou o seu xogo habitual. Malia o seu día gris, as mariñás lograron irse ao descanso con vantaxe (0-1) co tanto conseguido por Peque. Tralo paso por vestuarios, ambos conxuntos entraron nun intercambio de golpes que se saldou co 3-2 no minuto 31. O duelo avanzaba sen dono e de novo apareceu Peque co seu terceiro tanto para igualar a contenda (3-3) e no minuto 39 Shio, de doblepenalti, remontaba o partido (3-4) aínda que o Majadahonda respondeu coa mesma moeda. Desde o doblepenalti, Elena bateu a meta burelesa selando o 4-4 final. Ficha técnica Majadahonda FSF: Laura, Lauri, Martita, Elena, Marta Rodríguez –cinco inicial- Marta Mateo, Celia, Mónica. Burela Pescados Rubén: Patri, Claudia, Maite, Peque, Lara –cinco inicial- Cris, Kiko, Shiori. Goles: 0-1, m.8, Peque; 1-1, m.24, Marta Rodríguez; 2-1, m.25, Marta Rodríguez; 2-2, m.30, Peque; 3-2, m. 31, Elena; 3-3, m.36, Peque; 3-4, m.39, Shio; 4-4, m.39, Elena.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores