Noticias
29 de decembro de 2014
Venda anticipada para España-Ucraína (luns 5, 17.00 horas)

O CD Burela FS Pescados Rubén abrirá esta tarde a venda anticipada de entradas para o amigable que acollerá o pavillón Vista Alegre entre a Selección Española Absoluta e Ucraína, o vindeiro luns, 5 de xaneiro (17.00 horas).


Todas as persoas interesadas poderán adquirir a súa entrada na sede laranxa ata o luns ás 14.00 horas (Horario de atención ao público: De luns a venres 10.00-14.00//16.00-19.00 horas). Para menores de 18 anos o prezo será de 2 euros e para adult@s de 10 €, aínda que todos os menores de idade que acudan acompañad@s dun adulto terán entrada gratuíta.


Liderando o ranking UEFA, España medirase á quinta clasificada da lista como preparatorio da fase previa da Eurocopa de Macedonia. É a primeira vez que España e Ucraína vense as caras nun encontro amigable. Disputaron dez partidos oficiais e en todos eles saíu vitoriosa a Vermella, sempre con resultados moi axustados.


O martes 6, ambos os combinados volveranse enfrontar en Ferrol (A Malata, 19.30 horas).


Convocatoria de España:


- Porteiros: Paco Sedano (FC Barcelona) e Jesús Herrero (Inter Movistar)
- Peches: Aicardo (FC Barcelona), José Ruiz (ElPozo Murcia), Lolo (Inter Movistar).
- Alas: Rivillos (Inter Movistar), Sergio Lozano (FC Barcelona), Pola (Inter Movistar), Adri (ElPozo Murcia), Adolfo (Marfil Santa Coloma).
- Ala-pivotes: Raúl Campos (ElPozo Murcia), Quintela (Santiago Futsal).
- Pivotes: Fernandao (Dinamo de Moscú) e Álex (ElPozo Murcia).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores