Noticias
2 de xaneiro de 2015
Venda anticipada para Burela FS-FC Barcelona (sábado 10, 20.00 horas, TVG2)

Vista Alegre e o CD Burela FS Pescados Rubén abrirán 2015 ao grande, co último Día do Club 2014-15, coa visita do FC Barcelona o sábado 10 de xaneiro  (20.00 horas, emitido en directo por TVG2). A venda anticipada estará aberta dende hoxe ata o venres 9  ás 14.00 horas, na sede do CD Burela FS Pescados Rubén (Horario de atención ao público: de luns a venres, 10.00-14.00 // 16.00-19.00).


 


PREZOS PARA SOCIOS



Abono Individual: 5 euros


Abono Familiar: 5 euros/entrada


Abono Estudante: 5 euros


Abono Xuvenil: 5 euros


Abono Xubilado: 5 euros


Abono Infantil: 1 euro



PREZOS PARA NON SOCIOS
 
Maiores de 14 anos: 20 euros
 
De 0 a 13 anos: 3 euros



Burela FS-Poio


A do día 10 será unha tarde laranxa cento por cento, con maratón de elite. Ás 16.00 horas estreará o ano o Burela FS Pescados Rubén de Primeira División RFEF, fronte ao Poio Pescamar FS.



España-Ucraína


Ata o vindeiro luns, 5 de xaneiro, ás 14.00 horas tamén estará aberta a  venda de entradas para o encontro amigable entre España e Ucraína de Vista Alegre (luns 5, 17.00 horas). Para menores de 18 anos o prezo será de 2 euros e para adult@s de 10 €, aínda que todos os menores de idade que acudan acompañad@s dun adulto terán entrada gratuíta (será imprescindible ensinar o DNI na entrada).



 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores