Noticias
3 de xaneiro de 2015
Derrota laranxa por 5-0 no feudo do líder
Fotografía: Prensa Inter Movistar
O Inter Movistar venceu por un claro 5-0 a un Burela Pescados Rubén que plantou cara ao campión durante a primeira parte ata que apareceu a figura de Ricardinho. A estrela madrileña regresou hoxe á pista trala súa lesión e abriu o marcador no minuto 13 de partido. O 1-0 propiciou que os interistas se soltasen ante un Burela Pescados Rubén competitivo e que tivo un par de ocasións para adiantarse pero a maxia do portugués comezou a desnivelar o duelo. Antes do descanso chegou o 2-0 que conseguiu Pola tras un saque de esquina. Con este marcador retiráronse a vestiarios e na continuación o rápido gol de Borja (3-0) complicou calquera atisbo de remontada laranxa. Os mariñaos intentaron recortar distancias pero o Inter Movistar preferiu non relaxarse e asegurou a súa vitoria con dous novos goles. Pola e David Pazos redondearon o triunfo local (5-0) que mantén aos interistas como líderes invictos da Primeira División.



Ficha técnica
Inter Movistar: Jesús Herrero, Lolo, Rafael, Rivillos, Cardinal –cinco inicial- Pola, Ricardinho, Rubén Orzáez, Borja, Pablo Mel, David Pazos.
Burela Pescados Rubén: Alex, Isi, Carlitos, Antoñito, Matamoros –cinco inicial- Bellvert, Iago Mïguez, Renato, Chano, Helder.
Goles: 1-0, m.13, Ricardinho; 2-0, m.17, Pola; 3-0, m.22, Borja; 4-0, m.27, Pola; 5-0, m.32, David Pazos.
Árbitros: García Donas, Moreno Millán. Amosaron cartón amarelo no Burela a Carlitos, Bellvert, Iago Míguez e Chano.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 16 da Primeira División da LNFS. Disputado no pavillón Fundación Montemadrid.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores