Noticias
13 de xaneiro de 2015
Hélder, Renato e Aarón viaxarán mañá para defender a Galicia Sub-19 no Nacional de Barcelona

Os xogadores do Burela FS Pescados Rubén Hélder, Renato e Aarón defenderán a Galicia Sub-19 na fase previa do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se disputará esta semana en Esparreguera (Barcelona). Os xogadores laranxas realizarán mañá, ás 19.30 horas, o último adestramento no pavillón compostelán de Pontepedriña antes de poñer rumbo a terras catalás.



Xunto aos representantes mariñáns compoñen a expedición Francisco Manuel Núñez, do Verín CF; Asier González, Yago Balsa e Rubén Mouriz, do AD Prone; Ismael Vázquez, Iago Otero e Daniel Quintela, do Santiago Futsal; Martín Rodríguez, do Baíña FS; e Alberto Tojeiro, do Parrulo FS.



O combinado irmandiño estará integrado no grupo C, coa anfitrioa, Cataluña, e Aragón. Os partidos disputaranse entre o venres 16 e o sábado 17, no pavillón municipal El Castell.



Venres 16 de xaneiro
11.00 horas: Cataluña-Galicia
Sábado 17 de xaneiro
11.00 horas: Galicia-Aragón



GRUPO A: Rexión de Murcia (Sede), Canarias, Castela A Mancha, Comunidade Valenciana
GRUPO B: Estremadura (Sede), Illas Baleares, Madrid, Melilla
GRUPO C: Cataluña (Sede), Galicia, Aragón
GRUPO D: Ceuta (Sede), Andalucía, País Vasco



 O primeiro de cada un dos catros grupos disputará a fase final, que se decidirá en Cataluña segundo a información facilitada a Real Federación Española de Fútbol.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores