Noticias
17 de xaneiro de 2015
Ordizia 0-3 Burela FS Pescados Rubén

O Burela FS Pescados Rubén pechou hoxe os desprazamentos da primeira volta con tres puntos na pista do Ordizia (0-3), nunha cita na que mantivo sempre o control do partido. Aínda que ás laranxas lles faltou acerto para finalizar as numerosas chegadas das que dispuxeron, os goles de Bea Mateos, na primeira parte, e de Gaby e Maite, na segunda, foron máis que suficientes para outorgarlles o triunfo ás de Quico Otero.


Na primeira parte, o dominio foi de cor laranxa, ante un equipo local que se limitou a esperar en media pista, ante o monólogo burelista. Bea Mateos adiantou as galegas no minuto 15, desde o centro da área. Tras o descanso o Ordizia incrementou a súa presión e o Burela FS, con catro faltas xa no minuto 25, soubo conterse. No 29, Gaby ampliou distancias, tras recoller na área un pase de Peque que culminou a brasileira de tacón. Sobre o minuto 33 as vascas intentaron a remontada con porteira xogadora pero tras dúas tentativas de ataque desistiron. Recuperaron o xogo de cinco nos últimos catro minutos sen éxito; foi precisamente con ataque de cinco, no 38, cando Maite aproveitou para anotar o definitivo 0-3 desde a pista laranxa, a porta baleira.


Ficha técnica


Ordizia KE: Sarah, Ainara, Maite, Irati, Itzi, cinco inicial; tamén xogaron Oli, Anna Riera, Ane, Miriam, Itsaso.


Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Maite, Shiori, Kiko, cinco inicial; tamén xogaron Gaby, Lara, Bea Mateos, Taina.


Goles: 0-1, minuto 15, Bea Mateos; 0-2, minuto 29, Gaby; 0-3, minuto 38, Maite


Tarxetas: Por Ordizia amarela a Oli (minuto 6), Anna Riera (minuto 34), Ainara (minuto 36). Por Burela amarela a Peque (minuto 23)


Árbitros: Río Sierra // Pérez Sabina (Vitoria)


Incidencias: Partido correspondente á 14ª xornada da Primeira División RFEF.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores