Noticias
23 de xaneiro de 2015
Vista Alegre pon o broche á primeira volta con Orvina

O Burela FS Pescados Rubén poñerá o broche á primeira volta de Primeira División RFEF mañá en Vista Alegre coa visita do CD Orvina (18.30 horas).


Desde a última praza do podio con 34 puntos, as pupilas de Quico Otero mediranse ao antepenúltimo clasificado (8 puntos) co obxectivo de sumar tres novos puntos e seguir á caza do líder, Atlético de Madrid Navalcarnero (38 puntos), que recalará na Mariña a próxima semana (sábado 31, 16.00 horas).


“Recibiremos a un equipo que o ano pasado nos gañou na súa pista. Esta tempada creo que presenta máis elaboración no xogo pero continúa mantendo a escola de traballo defensivo e contraataque, e con iso nos enfrontaremos mañá” explicaba o técnico burelista, Quico Otero.


O adestrador mariñán non poderá dispoñer de Patri, intervida a semana pasada do corno anterior do menisco interno; a meta estará apartada das pistas entre un mes e medio e dous. Paula aínda arrastra certas molestias dunha escordadura pero poderá estar para a cita con Orvina.


Convocatoria Burela Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Kiko, 14. Bea Mateos, 17. Maite, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã.


Copa Galicia


O Burela FS Pescados Rubén, actual campión galego, repetirá final na Copa Galicia co Ourense Envialia, que se impuxo o mércores pasado en semifinais ao Viaxes Amarelle por 3-5.


 


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores