Noticias
23 de xaneiro de 2015
O Burela B Pescados Rubén inicia a segunda volta ante o Bueu FS
O Burela B Pescados Rubén afronta o inicio da segunda volta da Terceira División ante o Bueu FS que chega a Vista Alegre instalado nunha cómoda sexta posición (21 puntos). Pola súa banda, o mozo conxunto laranxa segue loitando pola permanencia, penúltimo con 10 puntos, e tralo punto cosechado na cancha do 5Coruña FS espera reforzar a súa moral cunha vitoria ante o Bueu, conxunto ao que derrotou (2-3) na primeira volta. O duelo entre ambos conxuntos dispútase o sábado día 24 a partir das 16.00 horas en Vista Alegre. A escuadra dirixida por Iván Cao recupera a Pancho para este partido. O técnico burelés espera que “logremos realizar un bo partido e conquistar tres puntos que nos servirían para entrar nunha dinámica positiva e reforzar a nosa confianza. O equipo está mentalizado para este duelo e esperamos poder ofrecer nosa mellor versión para doblegar a un gran rival que ten un estilo de xogo atrevido”
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores