Noticias
30 de xaneiro de 2015
Aires de final para abrir a Tarde Laranxa

A bomboneira lucirá mañá as súas mellores galas na apertura dunha tarde de fútbol sala laranxa coas mellores ligas RFEF e LNFS. Ás 16.00 horas, con aires de final, o Burela FS Pescados  Rubén, terceiro clasificado, recibirá o líder, Atlético de Madrid Navalcarnero, coa presenza do seleccionador nacional, José Venancio López Ferro como invitado de luxo.


O equipo da Mariña encomendarase ao apoio e alento de Vista Alegre para superar esta gran final para seguir pelexando por todo. As pupilas de Quico Otero comezarán o periplo da segunda volta coa súa arquirrival. Catro puntos separan as burelistas (37 puntos) do ansiado cumio, custodiado polas madrileñas (41). “É un rival que está intratable; só perdeu puntos con dous empates, pero o noso equipo está configurado para competir, con posibilidades de gañar a calquera” aseguraba o técnico laranxa en vésperas da gran cita. “Aínda queda toda a segunda volta somos conscientes da importancia destes puntos; son vitais para seguir con opcións”.


A única ausencia nas filas mariñás será a porteira Patri, en pleno proceso de recuperación tras unha intervención de menisco. Maite e Paula chegan con algunhas molestias.


No comezo ligueiro as burelistas sucumbiron en terras madrileñas 7-3.


Convocatoria Burela Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Kiko, 14. Bea Mateos, 17. Maite, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores