Noticias
31 de xaneiro de 2015
Ás burelistas escápaselles o duelo ante o líder en 20 segundos
Foto: Marián García Mesa

O Burela FS Pescados Rubén perdeu esta tarde os tres puntos ante o líder (1-3). Logo dunha primeira parte na que as laranxas dominaron con velocidade e ritmo, o Atlético de Madrid Navalcarnero deu a volta ao 1-0 con dobre diana en tan só 20 segundos.


As pupilas plantábanse no seu mausoleo con máis enerxía ca nunca e ganas, moitas ganas, de gol. Aos 30 segundos de xogo, Maite xa levantou á afección laranxa nun disparo que se marchou rozando en paralelo a liña de meta. A capitá local asistiu a Peque, no minuto 3, nun man a man con Belén no que non saíu vitoriosa a laranxa; con todo, tan só un minuto despois Gaby si adiantou as de Quico, a pase de Peque. O monólogo local continuou no minuto 6 con Bea Mateos en carreira e disparo de Lara ao pau desde pase longo de Jozi. Ro intentou sorprender por abaixo á meta burelista no 8, na primeira ocasión perigosa das madrileñas. Superado o ecuador da primeira parte, Claudia, con despexe de Ju Delgado, e Shio, desde saque de esquina, tamén tiveron magníficas oportunidades de ampliar distancias. A falta de catro minutos para a bucina, Ariane tivo nos seus pés o empate, logo de superar Ro a defensa laranxa.


Tras o descanso o encontro adquiriu máis equilibrio entre ambas as escuadras. As burelistas non cesaron no seu empeño de perforar a meta visitante, aínda que as súas chegadas reducíronse. Despois da primeira ocasión das laranxas na segunda parte, de Shiori no minuto 23, fronte a Belén, a porteira madrileña freou a Maite no 25. Segundos antes, Leti tivo unha oportunidade de ouro para igualar a contenda, desbaratada primeiro por Jozi e despois por Maite. No 27, o disparo de Gaby desde córner marchouse alto. Rozando o ecuador a eficacia do líder fíxose patente e materializou por partida dobre en tan só 20 segundos, de Ariane desde saque de esquina de Natalia (minuto 29) e Leti en xogada individual desde a frontal (minuto 30) que non puido parar Jozi. Intensificaron o seu ataque as visitantes o seu perigo, coa atenta intervención da brasileira baixo os paus, fronte a Martica (minuto 31) e Leti (minuto 34); aínda que tamén puido recortar Gaby, no 36, á escuadra. A falta de pouco máis de tres minutos para o final, Quico Otero optou polo xogo de cinco con Shio; un minuto despois, Ariane subiu o definitivo 1-3 a porta baleira, superando a defensa laranxa. Antes de concluír a contenda do podio, Gaby aínda dispuxo dun bo disparo que despexou Belén. Aínda queda moita liga por diante. A obriga do Burela FS Pescados Rubén segue sendo gañar e gañar. ¡Ánimo e a seguir competindo!


Ficha técnica


Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Claudia, Peque, Maite, Shiori, cinco inicial; tamén xogaron Gaby, Bea Mateos, Lara


Atlético de Madrid Navalcarnero: Belén, Ariane, Ju Delgado, Leti, Natalia, cinco inicial; tamén xogaron Ro, Peke, Martika, Fabi


Goles: 1-0, minuto 4, Gaby; 1-1, minuto 29, Ariane; 1-2, minuto 30, Leti; 1-3, minuto 37, Ariane


Tarxetas: Por Burela FS amarela a Gaby (minuto 28).Polo Atlético de Madrid amarela a Leti (minuto 26).


Árbitros: Roldán Pérez // Otero Baltasar (Pontevedra)


Incidencias: Partido correspondente á 16ª xornada de Primeira División RFEF, coa presenza do seleccionador nacional, Venancio López. Vista Alegre con arredor de 700 espectadores.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores