Noticias
5 de febreiro de 2015
Luismi e Daniel clasifícanse con Galicia Sub-16 para a final do Nacional

Os burelistas Luismi Nieto e Daniel Bertolo tiveron unha relevante presenza na pugna de Galicia Sub-16 para a fase final do Campionato Nacional de Seleccións Territoriais, que compartirá con Aragón, Cataluña e Valencia. Os irmandiños conseguiron a clasificación para a seguinte rolda tras impoñerse con contundencia ao País Vasco (0-11) e á anfitrioa, Estremadura (6-4), a fin de semana pasada en Plasencia.



No primeiro encontro, fronte aos vascos, os representantes laranxas formaron parte do quinteto inicial e no segundo Luismi tamén foi o escollido para defender a portería galega no cinco titular e Daniel participou activamente nas rotacións, cuns vinte minutos sobre a pista.


 


Todos os resultados

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores