Noticias
5 de febreiro de 2015
A capitanía laranxa Fai equipo pola saúde mental

Os capitáns dos equipos de Primeira División do CD Burela FS Pescados Rubén Iago Míguez e Maite visitaron onte un adestramento da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña no pavillón burelao dos Castros.


Os xogadores laranxas participaron nun partido xunto aos usuarios da asociación e os mozos da localidade que colaboran con eles habitualmente nas sesións de fútbol sala, ademais do preparador físico e director da base burelista, Alfonso Mera, exercendo de árbitro. Despois do encontro, tamén houbo tempo para que ambos os equipos gozaran dunha merenda na que puideron reflexionar e analizar as mellores xogadas, goles... 


A actividade encádrase nun proxecto da asociación mariñá sobre integración das persoas con enfermidade mental, Facemos equipo pola saúde mental?, traballo que recibiu o I Premio José Luís Muruzábal do Consorcio das Mariñas a experiencias innovadoras no ámbito sociolaboral e/ou socioeducativo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores