Noticias
6 de febreiro de 2015
A FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL SALA RATIFICA A SÚA INTEGRACIÓN NA FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL SALVAGARDANDO AS PARTICULARIDADES DO FÚTBOL SALA
A Asemblea Extraordinaria da Federación Galega de Fútbol Sala, celebrada onte na Coruña, ratificou a súa fusión e integración na Federación Galega de Fútbol, salvagardando as particularidades do fútbol sala. Así o apoiou unha amplísima maioría dos compromisarios presentes na xuntanza, con 49 votos a favor e 5 abstencións. A FGF aprobou no mes de agosto os estatutos de fusión coa FGFS, constituíndo o Comité Galego de Fútbol Sala, con Juan Probaos como presidente e José Luis Sáez como vicepresidente. Dando un paso máis neste compromiso, a asamblea de onte avalou o artigo 94 do devandito regulamento, que contou co beneplácito da Xunta de Galicia e da Real Federación Española de Fútbol, defendendo a propia capacidade de decisión na organización competición, calendarios, arbitraxes, así como na elección da súa xunta directiva.
O vicepresidente da FGFS, José Luis Sáez, declarou no programa Galicia en goles da RTVG que “houbo un abrumador apoio de ratificación dos estatutos que xa se aprobaran no seu día pola Federación Galega de Fútbol por unanimidade. O artículo 94 que foi o que agora ratificamos sin ningún voto en contra, ben a decir que o Fútbol Sala, dentro da FGF, terá unha semiautonomía para a organización da competición, calendarios, arbitraxes, así como na elección da súa xunta directiva. Sempre dentro da FGF, como unha modalidade ou especialidade que pertence a esta federación”. A xestión do Fútbol Sala “seguirá como ata a data de hoxe, o fútbol sala galego ten dado moitos éxitos a nosa Comunidade Autónoma e a xestión de Juan Probaos ahí está coa progresión e afianzamento aque ten o fútbol sala en Galicia. Colaborando estrictamente coa Federación Galega de Fútbol e a española seguiremos traballando a prol do fútbol sala”. Respecto a outro aspecto do artigo 94 explicou que “ neste artigo, aprobado unánimemente xa en agosto pola FGF e que agora ratificamos dice, entre outras cousas que para calquera modificación neste artigo e nos estutatos que dentro da FGF que absorbe ao fútbol sala precisanse dous tercios do fútbol sala. Pensó que é unha forma na que o fútbol non se sinta tampouco agredido, xa que nunca o fútbol sala vai intervir nas decisións no fútbol e o futbol sala vaise administrar a sí mismo, repito sempre dentro da FGF e da normas da RFEF”
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores