Noticias
6 de febreiro de 2015
O Magna vence en Anaitasuna por 4-1 ao Burela Pescados Rubén
Fotografía: Prensa Magna Navarra. LNFS

O Magna Navarra fixo valer o factor cancha e logrou vencer (4-1) ao Burela Pescados Rubén nun duelo intenso que se decidiu nos minutos finais. Ambos equipos saltaron ao templo de Anaitasuna con determinación aínda que nos primeiros compases os navarros levaron a iniciativa ante un conxunto galego que se foi asentando defensivamente co paso dos minutos. A solidez laranxa contrastaba coa súa pouca fluidez ofensiva aínda que Bellvert conseguiu adiantar aos mariñanos (0-1) no lanzamento dunha falta. A vantaxe do Burela Pescados Rubén foi neutralizada por Carlitos, finalmente protagonista do encontro cun hat-trick, e por Eseverri (2-1) ao transformar unha polémica falta. Con este resultado chegouse ao descanso e na segunda parte a igualdade de forzas mantívose entre dúas contrincantes que gozaron de ocasións para mover un marcador que entrou na recta final coa fotografía anterior (2-1). Cun Burela Pescados Rubén envorcado na procura do empate chegou o 3-1 dos navarros, obra de Carlitos no minuto 37, e xa con xogo de cinco por parte visitante Carlitos completou o seu hat trick no último minuto para situar o definitivo 4-1.


Ficha técnica


Magna Navarra: Raúl, Eseverri, Roberto Martil, Jesulito, Dani Saldise -cinco incial- Marc Tolrá, Víctor Arévalo, Javi Saldise, Ibarra, Carlitos, Mario.


Burela FS Pescados Rubén: Álex, Bellvert, Behroz, Antoñito, Matamoros –cinco inicial- Iago Mïguez, Miguel, Carlitos, Chano, Helder.


Goles: 0-1, m.11, Bellvert; 1-1, m.15, Carlitos; 2-1, m.18, Eseverri; 3-1, m.37, Carlitos; 4-1, m.39, Carlitos.


Árbitros: González Ruano, Rabadán Sainz. Amosaron cartón amarelo a Behroz e Miguel no Burela e a Roberto Martil nos navarros.


Incidencias: Partido correspondente á 21ª xornada de Primera División LNFS, disputado en Anaitasuna.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores