Noticias
10 de febreiro de 2015
Semana de descanso tras o contundente triunfo ante o Vilalba (7-1)

O Burela FS Pescados Rubén B afronta a semana de descanso competitivo en Terceira División tras o contundente triunfo na visita do Valdesuso Peugeot Vilalba FS (7-1), nun duelo provincial ao que os chairegos chegaban pechando a clasificación.


Tras o comezo da segunda volta, con 9 puntos de 9 en xogo, os pupilos de Iván Cao, Lucas, son décimos con 19 puntos. O próximo compromiso será o 21 de febreiro, na pista do terceiro clasificado, Santiago Futsal.



Burela FS Pescados Rubén B:Erik, Alemán, Renato, Pancho (1), Borja,  no cinco inicial; tamén xogaron Aitor, Rubén (2), Ángel (1), Rafa (1), Daniel (1) e Javi Fajardo


Valdesuso Peugeot Vilalba FS: Luis, Rodrigo, Miguel (1), Diego, Sergio (1, p.p.), no cinco inicial; tamén xogaron Joel, Aitor, Iago, Aarón


Árbitros: Coello Martínez // Menéndez Nistal (Viveiro)


Tarxetas: Por Vilalba amarelas a Iago, Sergio, Rodrigo, Joel e Aitor

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores