Noticias
13 de febreiro de 2015
Vive o Entroido Laranxa co Burela FS-Zaragoza (sábado 14, 18.30 horas)

Vista Alegre prepárase para vivir mañá o Entroido Laranxa coa 22ª xornada de Primeira División LNFS que enfrontará o CD Burela FS Pescados Rubén e o DLink Zaragoza, a partir das 18.30 horas. A entrada será gratuíta para os afeccionados que acudan disfrazados e haberá agasallos para o mellor disfrace adulto e infantil.


A bomboneira acollerá o duelo entre a décima praza dos da Mariña (26 puntos) e a duodécima (22) dos aragoneses, que chegan con boas sensacións tras o empate fronte ao FC Barcelona (4-4) da semana pasada. “Creo que está no seu mellor momento, ao mellor non o acompañan os resultados todo o que deberían pero iso é lóxico porque tamén está nun tramo de calendario complicado” opinaba Juanlu, facendo fincapé nas singularidades do DLink: “É un rival complicado, cun estilo que se nos resiste a moitos equipos. A súa defensa de zona obriga os rivais a cambiar a forma de xogar. Se somos capaces de superar esa liña de presión temos moito avanzado; en Zaragoza fixémolo ben, a ver se mañá conseguimos interpretar o partido igual” adiantaba o técnico laranxa, facendo referencia ao 3-6 a favor do Pescados Rubén na primeira volta.


No vestiario mariñán só estará ausente Isi, que xa puido facer algún adestramento co grupo esta semana aínda que de momento non entrará na convocatoria. Jorge Bellvert sufriu unha sobrecarga que o tivo minguado no primeiro tramo da semana pero xa rematou os adestramentos ao cento por cento.



Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 3. Bellvert, 5. Iago Míguez, 9. Behroz, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 14. Miguel, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 27. Renato, 30. Hélder


Convocatoria DLink Zaragoza: 1. Arturo, 3. Catela, 4. Óscar Villanueva, 5. David Ruiz, 7. Víctor Tejel, 8. Richi Felipe, 10. Carlos Retamar, 13. Carlos García, 14. Álex Verdejo, 15. Nano Modrego, 17. Unai García, 21. Abel Budría


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores